Inicio

UN REXISTRO,
UNHA TARXETA !

Cando completes o rexistro con éxito recibirás un email axuntando a túa tarxeta virtual, que é "única e persoal", asi como acceso a un pequeno manual de usabilidade.

A túa tarxeta é única e vai asociada aos teus datos persoais polo que unha vez rexistrado, no momento da compra, tamén poderás empregar o teu DNI para acceder as vantaxes da túa conta de bonificación.

A tarxeta dixital dispón dun código de barras e unha numeración que terás que presentar nos establecementos para que che fagan o desconto do 30% na túa compra.

A TARXETA permite beneficiarse dun desconto máximo en unha ou varias compras cun valor de 75€ por persoa. Participar nesta campaña non implica en ningún caso unha reserva económica tan só por darse de alta.

Calquera usuari@ poderá dispoñer da totalidade do seu crédito ata:
> Esgotalo en unha ou varias compras de xeito individual,
> Que o establecemento chegue ao seu máximo de 1.350 € de bonificación,
> Que se esgote o importe total da subvención do Concello de Moaña,
> A data límite de uso do 10 de novembro.

Ainda non estás rexistrad@ ?

Rexístrate aquí